30/3/13
CONTOS PARA A IGUALDADE
CONTOS PARA SOÑAR UN MUNDO MELLOR, compartir en igualdade e vivir na diversidade.
É un material didáctico editado pola Fundación FASAD (Asturias) para educar en valores e desenvolver a capacidade crítica do alumnado.
11/3/13
COLABORAR AXUDA A RESOLVER CONFLICTOS
A través de xogos, as
nenas e nenos vivencian a mellor maneira de resolver os conflitos:
chegar a acordos e cooperar, para saír gañando todos.
chegar a acordos e cooperar, para saír gañando todos.
7/3/13
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
Neste curso comezamos un PROGRAMA DE MEDIACIÓN ESCOLAR, no marco dos contratos-programa que se están a desenvolver no noso centro. Trátase dun programa dirixido á mellora da convivencia escolar e abrangue a toda a comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado...
Nunha primeira etapa, estase levando a cabo un Obradoiro de Habilidades Sociais co alumnado de 4º nivel. Os venres, despois do recreo, achéganse ao cole Bibiana e Irene que, a través de técnicas como o modelado, xogos de rol, actividades de expresión, dinámicas de grupo, … tratan de proporcionar aos nenos e nenas unha formación básica para o desenvolvemento de habilidades comunicativas, a resolución dialogada dos problemas, e os recursos prácticos necesarios para a mediación en conflitos.
Podedes ver algunhas fotos das diferentes sesións, nas que os rapaces elaboran as normas de convivencia, interactúan, analizan condutas, sentimentos, sempre fomentando a reflexión e o traballo cooperativo.
.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)