30/10/12

21 CONSELLOS PARA EDUCAR SEN ESTRÉS


Juan Antonio Planas, presidente da Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de España (COPOE),  facilita aos pais estas 21 claves para educar aos fillos e fillas sen estrés. Pódelas coñecer amplamente, premendo aquí

  1. Non permitas que o éxito escolar te obsesione.
  2. Pon metas alcanzables e acordes ás características do teu fillo.
  3. O esforzo e a perseveranza son claves para alcanzar metas.
  4. Cos nenos e adolescentes é cuestión de dar progresivamente máis responsabilidade.
  5. Non todos os nenos aprenden do mesmo xeito.
  6. Aproveita calquera momento cotián para abrir a súa mente.
  7. Se o momento de facer os deberes se converteu nun   pesadelo, podes delegar.
  8. Se lle dixeches que o vas castigar e logo non o fas, pensará que non cumpres a túa palabra.
  9. Negociar pódete sacar de moitos apuros.
  10. Relaxa as regras o fin de semana e durante as vacacións.
  11. Non deixes que as pantallas entren no seu cuarto cando son aínda inmaduros.
  12. Non podes librar guerras en todas as frontes.
  13. A casa é de todos pero o seu cuarto é seu.
  14. O aburrimento é un terreo aboado para a creatividade.
  15. Non pretendas que sexan políglotas, artistas e uns "cracks" no deporte.
  16. Es unha gran lectora e desexas ardentemente que os teus fillos tamén o sexan?
  17. Os nenos fíxanse máis no que fas que no que dis.
  18. Ensínalles a afastarse de vós pouco a pouco para evitar que un bo día fuxan de súpeto.
  19. Nunca te anticipes ás súas preguntas e necesidades.
  20. Ofrécelle de cando en vez recompensas de accións ou eloxios en lugar de regalos.
  21. Finalmente, demóstralles o teu cariño por riba de todo.

7/10/12

A axenda escolar: unha ferramenta imprescindible no 3º ciclo



     Cada vez que empezamos un novo curso, aparece entre o material a comprar dos vosos fillos e fillas a axenda. 

Imaxe de cuadernodelmaestro.blogspot.com 
Pero realmente, para que serve a axenda? Pois, é ferramenta de comunicación a tres niveis: familia, escola e alumnado.

  • Para os rapaces supón un paso máis na súa autonomía e organización. Non todos somos iguais de responsables co traballo, por iso apuntar na axenda é fundamental. Que escribimos?
    • o horario,
    • as tarefas,
    • os exames e as notas sacadas, 
    • os traballos a entregar,
    • festivais e saídas.
  • Para os pais e as nais é unha maneira de comunicarse co profesor. Para qué? 
    • pedir cita ao titor,
    • coñecer o horario escolar, 
    • estar ao tanto dos exames e tarefas,
    • ritmo escolar: falta de "deberes", material ou incidencias relacionadas coa atitude.
    • Avisar sobre retrasos, permisos ou ausencias.
  • Para os mestres é unha forma de informar aos pais da marcha escolar do alumnado.Que pode escribir?
    • incidencias na aula.
    • petición de reunión coas familias.
    • notas dos exames.


   A utilización da axenda escolar debería de iniciarse en educación infantil e  ir adquirindo relevancia a medida que medran os rapaces e rapazas.